O cidadán do mes / Diego Ameixeiras
por Ameixeiras, Diego [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar | 
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES A Sangriña Sala préstamo | 82N-G AME cid | 1 | Dispoñible | PED080000015550 | 
  | 
 
 
O punto de partida de O cidadán do mes é o electrizante encontro entre o detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido misteriosamente. O caso non ofrece demasiadas complicacións e o detective acepta o traballo, mais Dopico non sabe que deberá moverse con moita precaución nunha complexa intriga onde a dobre moral e a corrupción non son patrimonio exclusivo da clase política. O seu instinto, varios litros de whisky, unha sorna punk cultivada a conciencia nos arrabaldes de Ourense e unha Smith & Wesson, acompañarán ao detective nunha historia na que conviven sexo, violencia, drogas e rock and roll, aínda que o realmente importante é que estamos en agosto e Horacio Dopico non tolera nada ben as altas temperaturas.