Domingo e outras historias / Irène Nemirovsky
por Irène Némirovsky [autor/a]
; Rocío Viéitez Ferro [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar | 
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES A Sangriña Sala préstamo | 82N-G(T) NÉM dom | Dispoñible | PED080000026496 | 
  | 
 
 
Libro de relatos.
 
 Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios.
Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico.
Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender.
Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique.
Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade.
Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizado, diñeiro, poder, egoísmo.
Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.