Tutankamón : El descubrimiento de la tumba / María Carme Roca
por Roca, María Carme (1955- [autor/a]
; Vílchez Sánchez, Irene [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar | 
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES A Sangriña Sala préstamo | 82N-C ROC tut | 1 | Dispoñible | PED080000024768 | 
  | 
 
 
 
 Unha novela baseada en feitos reais que se desenvolve en Exipto durante dúas épocas: 1922, o ano do descubrimento da tumba do faraón Tutankamón por Howard Carter, e o século XIV a.C., durante a XVIII dinastía, en tempos do propio Tutankamón.
Proposta de lectura: poderá lerse a novela na orde na que aparece, ou ben escoller ler primeiro os capítulos impares e posteriormente os pares, ou ao revés.
 
 
 
 Tras anos perseguindo o seu soño, o arqueólogo Howard Carter logra atopar a tumba do faraón Tutankamón en 1922.
Ibrahim, un dos traballadores da escavación, non se alegra do achado: implica o cumprimento dunha ameaza que pon en perigo a súa familia, en especial ao seu fillo Ahmed. O día que Ahmed cumpre nove anos, o seu avó Mohamed faille un agasallo moi especial: unhas sandalias que segundo el pertenceron a Tutankamón. Será verdade? O avó asegura que si, que pasaron de xeración en xeración ao longo dos séculos. E que é un secreto que deben gardar.
As vidas de Ahmed e do faraón neno gardan certo paralelismo: nenos orfos de nai, enfermizos... Quizabes sexa polas historias do seu avó, pero a Ahmed fascínalle o Antigo Exipto. E máis agora que se descubriu a tumba que, por outra banda, o avó sempre crera que estaba alí.
 
 
1º-2º ESO